Menú principal

Vostede está aquí: Inicio / gl / Coñécenos / Visitas de grupo

Visitas de grupo

Teatro.es · Visitas de grupo · Portal CDT

fotoVisitas1.jpg


O CDT quere abrir as súas portas a aquelas institucións especializadas que poidan estar interesadas en coñecer máis de cerca as nosas actividades: escolas de arte dramática, grupos universitarios dedicados ao estudo da nosa escena, entidades aplicadas á docencia da documentación ou ao xornalismo especializado nas artes escénicas… Porque tamén nós queremos coñecer mellor aos nosos usuarios e as súas demandas concretas.

A visita, pensada para grupos reducidos, permite coñecer, por medio dun membro do noso equipo e con apoio audiovisual, a historia do CDT e sobre todo os diferentes fondos do espectáculo vivo que compoñen a base documental e o tratamento co que artellamos os nosos servizos e recursos.


Información:

Os grupos axustaranse a un número máximo de 12 persoas e a visita terá lugar en horario de mañá e de luns a xoves. Duración aproximada: 60 minutos. O calendario de visitas exclúe os meses de xuño a setembro, ambos inclusive, así como as datas determinadas pola inactividade laboral do Centro ou por causas de forza maior.

As solicitudes, formuladas polo responsable da institución peticionaria, terán que dirixirse coa suficiente antelación ao Servizo de Atención a Usuarios:

Teléfono: 34 913 531 376 (de 9 a 14 horas) ou a través do noso formulario de contacto.

Accións de documento