MCU INAEM
Buscar en nuestras Bases de datos y Catálogos
Inicio > gl > CDT > Historia

Historia

Teatro.es · Historia · Portal CDT

historia 1

O Centro de Documentación Teatral creouse en 1971 para servir, sobre todo, como contedor daqueles documentos pertencentes aos arquivos do Estado que tivesen que ver coas artes escénicas. Así, herdou os fondos fotográficos, fonográficos e impresos (carteis, programas...) dos chamados Teatros Nacionais e Festivais de España (organismo autónomo adscrito a diversos ministerios ata a súa desaparición), así como un amplo fondo bibliotecario; eses fondos foron crecendo desde entón, mediante adquisicións e doazóns de moi diversa natureza. Nos seus primeiros anos, o Centro escasamente ocupaba un pequeno despacho no Teatro María Guerrero de Madrid e fíxose cargo da súa dirección Vicente Amadeo, que tamén se ocupaba do Teatro Nacional de Cámara e Ensaio. A súa entidade, tal como a coñecemos hoxe, comeza a coller forma ao ser nomeado director do Centro, en 1979, César Oliva. En 1983 desígnase a Moisés Pérez Coterillo e o CDT asume durante dez anos (1983-1992) a edición dunha revista que foi un referente para entender o teatro da España daquela década: El Público.


fotoHistoria3.jpgSobre a mesma base de El Público, o CDT ofrece nestes anos publicacións tan sinaladas como os Cuadernos teatrales, as obras teatrales, pero tamén a Guía Teatral de España, unha importante ponte cara a América co Escenarios de dous mundos e unha dos acenos de identidade do Centro de Documentación Teatral: o Anuario Teatral, que comeza a editarse a partir de 1985 e é o territorio de orixe da actual Revista Digital de la Escena. En 1993 é nomeado director do CDT Andrés Peláez, naquel momento Director do Museo Nacional de Teatro de Almagro, que continuou traballos en marcha e editou unha importante Historia de los Teatros Nacionales. En 1996 volve á dirección do CDT Moisés Pérez Coterillo pero falece apenas uns meses logo de ocupar o cargo. Tras un breve período de interinidade, ocupa a dirección Cristina Santolaria, que retoma os Anuarios e desenvolve un amplo programa de recuperación de publicacións mediante antoloxías, como a Historia, antología e índices de Primer ActoEl Público, e diversos estudos monográficos (por exemplo, o publicado sobre Edgar Neville), asemade que se comezan a publicar de modo regular os premios «Calderón de la Barca».


Coa chegada de Julio Huélamo en 2000 continúanse moitas destas liñas de traballo (Anuarios, Antología de la revista YorickTíteres de IberoaméricaEl debate de los Teatros Nacionales, Mihura, Alberti...) que nos últimos anos se completaron con edicións de contido multimedia: Teatro en guerra, Retratos en Blanco y Negro (caricaturas do Teatro); simultaneamente, comeza a desenvolverse un plan de edicións facsímiles dixitalizadas de revistas de teatro: El PúblicoTeatroYorickPipirijainaEl Teatro (1900-1905 e 1909-1910). Esa aposta polos formatos dixitais vese claramente reflectida nun extenso plan de dixitalización de fotografías, cintas de audio e filmacións, pero sobre todo na publicación transversal que mellor veu difundindo nos últimos anos o traballo e os fondos documentais do CDT: a Revista Digital de la Escena, que, a partir de 2002, chegou ao público primeiro en formato DVD e na actualidade a través de internet, e que, sen dúbida, foi o xerme do presente Portal.

A día de hoxe, o Centro xestiona uns fondos de 200.000 fotografías, 5.000 gravacións en DVD, 500.000 notas de prensa clasificadas, 18.000 libros..., ao mesmo tempo que desenvolve novos proxectos para promover, protexer e difundir as artes escénicas. Aquí poderás atopar todos eses proxectos e participar neles.

 

Acciones de Documento
Relacionados
Buscando
Detener la búsqueda