MCU INAEM
Buscar en nuestras Bases de datos y Catálogos
Inicio > gl > CDT

Presentación

presentación
 

O Centro de Documentación Teatral é unha unidade dependente do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España.

Ten como finalidade prioritaria recoller, conservar e poñer a disposición dos investigadores e profesionais cantos materiais artísticos, gráficos, estatísticos, etc. xere a actividade escénica.

O Centro de Documentación Teatral proponse difundir o teatro español dentro e fóra das nosas fronteiras, atendendo tanto ás súas diferentes formas e modalidades coma aos diversos sectores que se dan cita nel; todo iso desde unha perspectiva histórica pero tamén desde a realidade escénica presente.

Comparte estes obxectivos con moitas outras institucións públicas e privadas. Por iso, nos últimos anos colaborou en distintos proxectos con institucións como a Biblioteca Nacional de España, Biblioteca Virtual Cervantes, Centro de Documentación de Artes Escénicas de Andalucía, Centro de Documentación do Teatro Nacional de Montevideo, Universidade Complutense de Madrid, Universidade Nacional de Educación a Distancia, Real Escola Superior de Arte Dramática, Instituto Nacional de Teatro (UNESCO), Asociación de Empresarios Teatrais de Cataluña, Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), Unión de Actores, Asociación de Directores de Escena e Editores, Unión de Actores, Asociación de Autores de Teatro, Sociedade de Xestión de Artistas e Intérpretes (AISGE), Mercartes, Festival de Teatro Clásico de Almagro, Festival de teatro Clásico de Mérida, Mostra de Teatro de Autor Español Contemporáneo, Filmoteca Nacional, Teatro Español de Madrid, MAE (Centre de Documentació i Museu de lles Arts Escèniques), etc.

 

Acciones de Documento
Relacionados
Buscando
Detener la búsqueda