Menú principal

Vostede está aquí: Inicio / gl / Publicacións / Coleccións dixitais / Retratos en blanco y negro

Retratos en blanco y negro


logoRetratosTeatroEs1_p.jpg

Multitude de revistas e prensa diaria do século XX fixeron convivir nas súas páxinas a precisión das fotografías co trazo áxil do caricaturista. De todo iso é magnífica proba a selección de caricaturas presentadas nesta colección que acolle un período da nosa historia (1939-1965) marcado pola penuria, pero tamén polo enxeño e o humor salvadores. Os caricaturistas daquela, xunto cos críticos ou os gaceteiro, integraron un universo compartido no que se mesturaban as miserias de moitos e a brillantez profesional de non poucos. Tanto algúns ben coñecidos (os Fresno, Ugalde, Bon...) como outros que non o eran tanto acudían a aquelas estreas tras as que exercitaban a súa arte en cafés próximos con sintética e envexada celeridade.

Máis tarde, o lector —ávido como poucas veces de noticias escénicas— podía ler ou non a crónica escénica, pero non deixaba de pousar os seus ollos sobre ese chispazo de humor e de intelixencia que lle ofrecían os Cronos, Dávila, del Arco, Ramón ou Asirio. Ese era o seu maior triunfo, sabedores de que ao desrealizar os famosos (a Jardiel, a Benavente, a Celia Gámez, a Rafael Rivelles ou a Lola Flores) baixábanos do seu olimpo, á altura real dos ollos do afeccionado.

 

Actualmente non hai elementos neste cartafol.

Accións de documento

Relacionados
Coleccións dixitais

Ofrecemos tres coleccións de documentos, audios, caricaturas e fotografías, de gran utilidade para os profesionais e estudosos e tamén dun gran atractivo para todos os amantes das artes escénicas.

Teatro para ti

Un produto áxil, dinámico e atractivo no que atopar diversas ferramentas educativas destinadas ao estudo das obras incluídas no currículo de ensino secundario.

Documentos para la Historia del Teatro español
O CDT presenta un proxecto de investigación que busca a innovación no seu formato e nos seus contidos: miles de documentos dixitalizados (prensa, fotos, vídeos, carteis...) organizados por seccións para permitir un acceso máis sinxelo.
Revista Digital de la Escena
Unha síntese da múltiple realidade escénica no noso país. Unha realidade contida en fichas, fotografías, textos, ligazóns e documentos audiovisuais que son un resumo de centos de horas de gravación, onde plasmar con amplitude o panorama teatral español.