MCU INAEM
Busca as nosas bases de datos e Catálogos
Inicio > gl > Publicacións CDT > Coleccións dixitais

Coleccións dixitais

fotocoleccdigitales1.jpg

A través de teatro.es todo o mundo pode acceder aos fondos do CDT. Unha vez dixitalizados ofrecemos, entre outros, documentos de audio, fotografías e debuxos seleccionados de grande utilidade para os profesionais e estudosos, e tamén dun grande atractivo para todos os amantes das artes escénicas. Estas coleccións non están cerradas, senón que aumentan os seus fondos e seguen aparecendo novos contidos periodicamente.

ico_ElEcoDeLasVoces1.jpg
ico_ElEcoDeLasVoces2.jpg
ico_ElEcoDeLasVoces3.jpg
ico_ElEcoDeLasVoces4.jpg
 

logoElEco.jpg

O largo centenar de estampas sonoras aquí recollidas queren homenaxear as magníficas xeracións de actores que, desde os anos sesenta e ata entrados os oitenta, poboaron os nosos escenarios (María Guerrero, comedia, español, zarzuela, Corral de Almagro…).

Iso é posible grazas a que nos fondos do CDT se conservou, entre outros moitísimos fragmentos de memoria escénica, o rexistro sonoro de preto de duascentas representacións do mellor teatro e máis de mil voces de actores, que son unha parte substantiva da historia da nosa escena e da dos seus profesionais. En efecto, pretende ser o comezo dunha gran fonoteca do teatro español, convertida non só en arca de emocións para os afeccionados ou en magnífica ferramenta para o ensino da nosa lingua, senón sobre todo nun gran patrimonio para incipientes actores, ou para outros profesionais, que poderán desfrutar e sacar proveito dunha magnífica cátedra de interpretación.

Abrir El Eco de las Voces flecha

caric_1.jpg
caric_2.jpg
caric_3.jpg
caric_4.jpg
caric_5.jpg
caric_6.jpg
caric_7.jpg
caric_8.jpg
caric_9.jpg
caric_10.jpg
 

logoRetratosTeatroEs1_p.jpg

Multitude de revistas e prensa diaria do século XX fixeron convivir nas súas páxinas a precisión das fotografías co trazo áxil do caricaturista. De todo iso é magnífica proba a selección de caricaturas presentadas nesta colección que acolle un período da nosa historia (1939-1965) marcado pola penuria, pero tamén polo enxeño e o humor salvadores. Os caricaturistas daquela, xunto cos críticos ou os gaceteiro, integraron un universo compartido no que se mesturaban as miserias de moitos e a brillantez profesional de non poucos. Tanto algúns ben coñecidos (os Fresno, Ugalde, Bon...) como outros que non o eran tanto acudían a aquelas estreas tras as que exercitaban a súa arte en cafés próximos con sintética e envexada celeridade.

Máis tarde, o lector —ávido como poucas veces de noticias escénicas— podía ler ou non a crónica escénica, pero non deixaba de pousar os seus ollos sobre ese chispazo de humor e de intelixencia que lle ofrecían os Cronos, Dávila, del Arco, Ramón ou Asirio. Ese era o seu maior triunfo, sabedores de que ao desrealizar os famosos (a Jardiel, a Benavente, a Celia Gámez, a Rafael Rivelles ou a Lola Flores) baixábanos do seu olimpo, á altura real dos ollos do afeccionado.

Abrir Retratos en blanco y negro flecha

 

iconoArquitecturaAire1_p.jpg
 

logoAquitecturaDelAireTeatroEs.jpg

O espazo escénico é un elemento fundamental do drama. Esta colección fotográfica permítenos reflexionar sobre ese espazo desde a mera presentación do escenario baleiro, xa que non nos mostra o deseño do decorado, senón o decorado real de centos de producións.

En preparación

 

Accións de documento
Relacionados
Teatro para ti

Un produto áxil, dinámico e atractivo no que atopar diversas ferramentas educativas destinadas ao estudo das obras incluídas no currículo de ensino secundario.

Documentos para la Historia del Teatro español
O CDT presenta un proxecto de investigación que busca a innovación no seu formato e nos seus contidos: miles de documentos dixitalizados (prensa, fotos, vídeos, carteis...) organizados por seccións para permitir un acceso máis sinxelo.
Revista Digital de la Escena
Unha síntese da múltiple realidade escénica no noso país. Unha realidade contida en fichas, fotografías, textos, ligazóns e documentos audiovisuais que son un resumo de centos de horas de gravación, onde plasmar con amplitude o panorama teatral español.
Buscando
Detener la búsqueda