INAEM
Busca as nosas bases de datos e Catálogos
Vostede está aquí: Inicio / gl / Publicacións CDT / Investigación

Investigación

fotoInvestigacion1.jpg

O traballo do Centro de Documentación Teatral, pola natureza dos seus fondos, estivo sempre vinculado á investigación que se desenvolve nos ámbitos universitarios. Teatro.es ofrece dúas publicacións de referencia para os investigadores, non só como vehículos para amosar os inmensos fondos documentais do CDT, senón ademais como xeradores de novos contidos para o estudo.

  • libroSumarioPag0.jpg
  • libroSumarioPag3.jpg
  • libroSumarioPag5.jpg
  • libroSumarioPag7.jpg
  • libroSumarioPag8.jpg
  • libroSumarioPag9.jpg
  • libroSumarioPag12.jpg
  • libroSumarioPag14.jpg
  • libroSumarioPag15.jpg
  • libroSumarioPag17.jpg
 

logoDonGalan1.jpg

A documentación e a investigación danse a man en Don Galán, a revista de investigación teatral do CDT que inclúe artigos de prestixiosos investigadores onde se integran, e aquí reside o peculiar atributo da revista, abundantes documentos gráficos e audiovisuais, procedentes na súa maioría dos fondos do propio CDT.

Cada número artéllase en torno a un tema monográfico; ademais, hai seccións dedicadas a recensións bibliográficas, análises de espectáculos teatrais, entrevistas, efemérides, etc.

Abrir Don Galán

 

  • docs_1.jpg
  • docs_2.jpg
  • docs_3.jpg
  • docs_4.jpg
  • docs_5.jpg
  • docs_6.jpg
  • docs_7.jpg
  • docs_8.jpg
  • docs_9.jpg
 

logoDocumentos1.jpg

O CDT presenta un proxecto de investigación que busca a innovación no seu formato e nos seus contidos: miles de documentos dixitalizados (prensa, fotos, vídeos, carteis...) organizados por seccións para un acceso máis fácil que irán debullando con fidelidade e de modo atractivo a historia do teatro español nos últimos setenta anos.

Documentos para la Historia del teatro español é un proxecto de investigación que quere convocar a todas as persoas que aman o teatro; por suposto, aos investigadores, estudantes e estudosos, que acharán nel datos preciosos para os seus traballos, pero tamén aos profesionais da escena, presentes e futuros, que atoparán paso a paso as inmediatas raíces históricas do seu oficio, o mesmo que a xornalistas e críticos que obterán fontes fiables para o seu traballo. Sen esquecer a tantos afeccionados ao teatro que poderán atopar, coma se fose un vello álbum familiar, a pegada de tantos nomes míticos, de tantas anécdotas instaladas na memoria individual ou colectiva.

Abrir Documentos para Historia del Teatro español

  • fotoTesisenLinea_p.jpg
 

logoTesisEnLineaNuevo1.jpg

Numerosas teses doutorais publicadas na Internet, ordenadas xeograficamente e por temas, das que se poden consultar o texto completo.

 

Ir a Tesis en línea

Accións de documento

Relacionados
Coleccións dixitais

Ofrecemos tres coleccións de documentos, audios, caricaturas e fotografías, de gran utilidade para os profesionais e estudosos e tamén dun gran atractivo para todos os amantes das artes escénicas.

Teatro para ti

Un produto áxil, dinámico e atractivo no que atopar diversas ferramentas educativas destinadas ao estudo das obras incluídas no currículo de ensino secundario.

Documentos para la Historia del Teatro español
O CDT presenta un proxecto de investigación que busca a innovación no seu formato e nos seus contidos: miles de documentos dixitalizados (prensa, fotos, vídeos, carteis...) organizados por seccións para permitir un acceso máis sinxelo.
Revista Digital de la Escena
Unha síntese da múltiple realidade escénica no noso país. Unha realidade contida en fichas, fotografías, textos, ligazóns e documentos audiovisuais que son un resumo de centos de horas de gravación, onde plasmar con amplitude o panorama teatral español.