MCU INAEM
Busca as nosas bases de datos e Catálogos
Vostede está aquí: Inicio / gl / Máis recursos / Teatro para ti

Teatro para ti

Teatro.es · Recursos · Teatro para ti · Portal CDT

ilustracionteatroParaTi_2.gif


A serie Teatro para ti está formada por unha serie de materiais didácticos que intentan achegar o teatro ao Ensino Secundario. Estes materiais preparáronse sobre a base das grandes obras dramáticas que se inclúen nos actuais plans de estudo. Para esta primeira entrega, seleccionamos Historia de una escalera, de Antonio Buero Vallejo, como unha das mostras máis representativas do teatro español da posguerra. Progresivamente, iranse incorporando outras obras mestras do teatro español, como La CelestinaLa vida es sueñoEl sí de las niñasDon Juan TenorioTres sombreros de copa

Os materiais que se ofrecen acerca desta e doutras obras están pensados tanto para o estudante como para o profesor. Así, para os estudantes ofrécese, en primeiro lugar, un vídeo baseado en fragmentos dunha montaxe teatral, entrelazados mediante un guión explicativo interpretado por actores e actrices novos e apoiado por documentos audiovisuais de procedencia diversa. Este vídeo, que constitúe a principal ferramenta didáctica, vén acompañado de materiais complementarios para os mozos: unha «Caza do tesouro» (ferramenta informática baseada en preguntas que o lector ten que resolver) e unha «Webquest» (proposta de tarefas que os lectores teñen que realizar en equipo). Para o profesor, ofrécese unha bibliografía de apoio que, baixo o rótulo «A biblioteca do profesor», pretende facilitar a procura de materiais complementarios:

O noso obxectivo é poñer os recursos do Centro de Documentación Teatral (biblioteca, videoteca, arquivo fotográfico…) ao servizo dos máis novos e das persoas que afrontan a tarefa docente, co fin de presentar da forma máis atractiva posible as grandes obras da historia do teatro español.

 

ico_Video_HistoriaDeUnaEscalera.jpg

TEATRO PARA TI · VOL. 1

Historia de una escalera
de Antonio Buero Vallejo

Achegámonos á vida e a obra de Buero Vallejo e a este texto fundamental a través de testemuños, documentos e escenas da propia obra tomada dunha produción do Centro Dramático Nacional.

Ver vídeo

Accións de documento

Relacionados
Coleccións dixitais

Ofrecemos tres coleccións de documentos, audios, caricaturas e fotografías, de gran utilidade para os profesionais e estudosos e tamén dun gran atractivo para todos os amantes das artes escénicas.

Revista Digital de la Escena
Unha síntese da múltiple realidade escénica no noso país. Unha realidade contida en fichas, fotografías, textos, ligazóns e documentos audiovisuais que son un resumo de centos de horas de gravación, onde plasmar con amplitude o panorama teatral español.
Teatro accesible

Gravacións completas de montaxes do noso teatro recente adaptadas para persoas con discapacidade sensorial de orde visual e/ou auditiva.

Obras en streaming
Aquí poderás acceder a unha coidada selección de audios e vídeos íntegros procedentes do noso arquivo. Documentos únicos sobre o teatro español de grande utilidade para o profesor na aula para o profesional escénico e para o investigador