Doazóns
Queres colaborar co CDT?
Si o desexas, podes colaborar co CDT na ampliación do seu fondo documental mediante a doazón de libros, fotografías, gravacións, libros de dirección, programas de man, carteis e outros documentos relacionados coa arte escénica.
Que documentos resultan de interese para as coleccións do CDT?
Os doadores poden entregar calquera material bibliográfico, hemerográfico, videográfico, fotográfico ou de calquera outro tipo, da súa propiedade, moderno ou antigo, exemplares singulares ou bibliotecas organizadas.
O Centro de Documentación Teatral ten especial interese en recibir documentos en calquera tipo de soporte, especialmente relacionados co teatro e o circo españois e iberoamericanos: obras dramáticas, textos sobre teoría e técnica teatral, dicionarios e obras de referencia relacionadas coas artes escénicas, textos sobre o circo, manuscritos e libretos teatrais, fotografías de espectáculos, etc. Pola contra, non se aceptarán doazóns que non se adapten, pola súa temática ou nivel de contido, aos obxectivos das coleccións do CDT.
-
Abrir formulario de propuesta de Donación o Legado
Proposta de Doazón ou Legado
Achega de materiais ao fondo audiovisual do CDT. Os materiais serán convenientemente tratados e dixitalizados e se lle entregará unha copia dixital ao colaborador.
-
Abrir formulario de achega de materiais
Abrir formulario de achega de materiais
Accións de documento